Pack «A lenda de Montelongo – Margarida a da sorrisa d’aurora»

20,00 

Hay existencias

SKU: pack-a-lenda-de-montelongo-margarida-a-da-sorrisa-daurora Categoría:
  • A lenda de Montelongo (zarzuela galega), de
    Juan Buhigas Olavarrieta e Manuel Rey Posse. Ed. crítica de Javier Jurado.
  • Margarida a da sorrisa d’aurora, de Evaristo Correa Calderón: o primeiro conto infantil galego de autor. Ed. crítica de Xulio Pardo de Neyra

O pack contén os dous títulos que, polo de agora, integran a colección Dos Acordes Textos.

Na primera, recóllese o libreto da zarzuela galega A lenda de Montelongo, de
Juan Buhigas Olavarrieta e Manuel Rey Posse, con música de Bernardo del
Río, editado e anotado amplamente polo seu autor, Javier Jurado. Precedido dun extenso estudo, tamén con arquivo gráfico destacado,
este libro xa ten sido presentado nas funcións que levaron a escena
«A lenda de Montelongo» en Pontevedra e Vilagarcía.

Margarida a da sorrisa d’aurora non é simplemente un relato, un conto infantil escrito e imprentado na Galiza primorriveriana. Margarida a da sorrisa d’aurora
dá contas dun especialísimo tempo dentro da nosa traxectoria literaria:
dentro da Época Nós, concretamente no calificado como a «xeración da
vangarda», é onde podemos situar a actividade dun intelectual que, como
Correa, decidiu dar forma a unha noticia estética literario-política por
medio dunha á xeracional que se chamaba «a nova xeración galega».
Empero tal documento signifícase cando moito máis que un conto para
meninos e meninas: agachando a vontade dun grupo intelectual definido, a
percepción dun vangardista que, apesar de tales degoxos, non pode
abstraerse do seu sentimento machista e, sobre todo, refletindo a aposta
dun escritor por unha literatura que, como a galega, aínda non contaba
conha aparataxe propiamente dirixida para os máis pequenos e pequenas.

Contén reprodución facsimilar do orixinal editado por LAR.