Oito cançoes
Juan Antonio Moreno Fuentes
Juan Antonio Moreno Fuentes, Prefeito de Música e Coengo Maxistral da catedral de Lugo (1904-1987) deixou unha ampla mostra do seu traballo musical na catedral onde traballou. As oito cancións sobre textos de Rosalía de Castro que agora publicamos, foron editadas polo director lugués Fernando Gómez Jácome e van precedidas dun amplo estudo sobre a vida e obra do compositor, máis o catálogo completo da súa produción, realizados polo Prof. Dr. Javier Garbayo. Aos dous editores sumouse o traballo de adaptación das letras desenvolvido pola lingüista e guitarrista Isabel Rei Samartim.
Os títulos das pezas (normativizados ao galego comum) son: «Um repoludo gaiteiro», «Vim-te uma clara noite», «Acolá enriba», «Nossa Senhora da Barca», «Teci soa a minha teia», «Nasci quando as plantas nascem», «Quisem-te tanto, meninha», e «Que bela te deu Deus». Engadimos antes de cada peza os textos orixinais escritos por Rosalía en Cantares Gallegos e Follas Novas.
30,00 €
Hay existencias
Detalles del Libro
N.º de páginas | 84 |
---|---|
Tamaño | DIN A4 |