Dúas canciós

Carlos López García-Picos

Dúas Canciós: «Campo», «Hoy buscarás en vano» (para voz e piano)

As canciós de García-Picos, tal e como as denomina Luís Seoane nun artigo adicado ao compositor en 1972, están baseadas nos poemas de Antonio Machado Campo e Hoy buscarás en vano. O creador betanceiro non depositou copias destas obras en ningún arquivo, nin as citou nos listados de composicións que elaborou; por este motivo aparecen clasificadas fóra do seu catálogo. A importancia destas creacións musicais, realizadas en Bos Aires no ano 1955, radica na singularidade que supón o uso da voz dentro
das composicións de García-Picos.

A estética vangardista das creacións musicais, coas que fixo a súa particular contribución á causa galega, obrigouno a manter unha postura afastada do repertorio
tradicionalista e popular que dirixía nos coros. A música instrumental, e máis concretamente a música sinfónica, respondía plenamente aos seus obxectivos. A solución ante esta dicotomía que atopou García-Picos foi drástica: a voz ten unha presenza mínima no seu catálogo. As canciós son dúas marabillosas excepcións.

Para escoitar estas cancións,
https://www.youtube.com/watch?v=jazm2RkaA0k&index=1&list=UUZoL5QkbQWhDyyJaxYsv0DQ

https://www.youtube.com/watch?v=z0L_SU0lAXs&feature=youtu.be

14,00 

Hay existencias

SKU: daas-cancias-carlos-lapez-garcaa-picos Categorías: ,

Detalles del Libro

Textos

Antonio Machado

Transcrición

José A. Cantal Mariño

Notas

Javier Ares Espiño

N.º de páginas

24

Tamaño

DIN A4

ISMN

979-0-801244-59-8

Sobre el Autor

Carlos López García-Picos