Temperando. Intermedio. Volume I. RE

Bruno Villamor Gay

Trátase da primeira entrega da serie de catro que continúa o nivel de Iniciación do mesmo autor. Os contidos desta primeira entrega están pensados para continuar traballando e perfeccionando os coñecementos e recursos adquiridos nos catro volumes de «Temperando: Iniciación», continuando coa aprendizaxe da escrita e a execución de parte da ornamentación que se emprega habitualmente na música para gaita galega, así como dos mecanismos necesarios para un perfecto dominio da afinación do noso instrumento. Neste volume atopamos exercicios técnicos, pezas tradicionais e de autor con ornamentación acordes co nivel no que nos atopamos e mesmo información sobre instrumentos tradicionais galegos, gaiteiros e cuartetos tradicionais para que o gaiteiro pouco a pouco adquira coñecementos sobre da nosa cultura tradicional. Ao final deste volume aportamos material complementario para que o profesor ou alumno teñan repertorio arranxado para gaita e outros instrumentos.

18,00 

Hay existencias

SKU: caderno-19-temperando-intermedio-volume-i-versian-en-re Categoría:

Detalles del Libro

Tamaño

DIN A4

Sobre el Autor

Bruno Villamor Gay