Temperando. Iniciación. Volume II. RE
Bruno Villamor Gay
Este libro é a carta entrega dunha serie que recibe o nome de «Temperando: Iniciación». A serie divídese en catro volumes correspondéndose cos catro cursos oficiais do Grao elemental de gaita galega que se imparte nos conservatorios de Galicia. Esta serie terá continuidade coa publicación dos volumes «Temperando: Perfeccionamento I» e «Temperando: Perfeccionamento II». Os contidos desta primeira entrega están pensados para iniciarse no mundo da gaita, podendo atopar no seu interior exercicios técnicos, pezas tradicionais acordes co nivel no que nos atopamos e mesmo información sobre instrumentos tradicionais galegos, gaiteiros e cuartetos tradicionais para que o futuro gaiteiro pouco a pouco Adquira coñecementos sobre da nosa cultura tradicional. Todo o material amosado neste volume non só está pensado para ser útil a mestres e discípulos que traballen nestes niveis nos conservatorios, senón que este pode empregarse como un libro de aprendizaxe progresivo en asociacións culturais e noutros tipos de escolas de música.
12,00 €
Hay existencias
Detalles del Libro
N.º de páginas | 60 |
---|---|
Tamaño | DIN A4 |