Gaita 2.1, Música do XXI ao xeito tradicional, recolle vinte e un temas presentados en tres soportes diferenciados (CD Audio, CD Rom e libro) nunha clara aposta pola música contemporánea e polos diferentes xeitos de escribir para dito instrumento.
Ao carácter pedagóxico de Pel e madeira, musicolóxico de Músicas Históricas de Galicia, ou diverso da popular colección Cadernos de Gaita, engádese agora unha nova serie na que o criterio é compositivo á vez que interpretativo.
Dos Acordes quere así seguir adiante coa súa particular e ampla visión do que a Música (con M maiúscula) debe ser. Dende o diseño ás pezas, todo neste libro respira modernidade; é un saúdo ao final da primeira década do século XXI, a nosa benvida ao 2010…
Os autores que participaron nesta obra son:
Milo Romero, Alberto Coya, David Bellas, Diego Mariño, Daniel Bellón, Gonzalo Abelairas, Isidro Vidal, Xurxo Fernández, Pedro Álvarez Fariñas, Ana Belén López Villar, Cristian Silva, Daniel Lumbreras, Rafael Crespo, Agustín Sánchez, Pedro D. Lamas.
Producido por Milo Romero
Os temas contidos no CD son:
- Canto de Pena (Milo Romero)
- Airiños do Monte (Alberto Coya)
- Canción Ferinte de tía simia e mamá elefanta (David Bellas)
- Danza e Contradanza de Darbo (Diego Mariño)
- Xaloucos (Daniel Bellón)
- Noite Meiga (Gonzalo Abelairas)
- Pena de Flores (Isidro Vidal)
- O Gait Nas (David Bellas )
- A Rumba de Tio Gilito (Milo Romero)
- Insomnio dunha noite de nadal (Gonzalo Abelairas)
- O Bretogal (Xurxo Fernández)
- Folkachada (Pedro Álvarez Fariñas)
- Marcha Discordante (Ana Belén López Villar)
- Pequenas 2sis de Actitude (Cristian Silva)
- Jota de Santiago de Oliveira (Diego Mariño)
- Melencho (Daniel Lumbreras)
- Pasacorredoiras de Poio (Rafael Crespo)
- Muiñeira Aghotada (Ana Belén López Villar)
- Requiem por Malicia (Cristian Silva)
- Swing con Grelos (Agustín Sánchez)
- Verde e Dourado (Pedro D. Lamas)
Escoita a Danza e contradanza de Darbo:
Bota unha ollada á partitura desta mesma peza
[gview file=”http://dosacordes.es/multimedia_blog/Danza%20e%20Contradanza%20de%20Darbo.pdf”]
Ofrecémosche tamén unha montaxe das obras incluídas no CD: