Enredadas. Para tres gaitas

€18.00

Caderno de gaita 23. Enredadas
Para tres gaitas

A popular serie Cadernos de Gaita, iniciada por Dos Acordes a proposta de Suso Vaamonde (alá polo ano 2005), continúa a súa andadura cos habituais cirterios de calidade que teñen feita dela toda unha referencia no mundo da gaita.
Nesta ocasión, a compositora María Mendoza, profesora no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, bríndanos a súa obra Enredadas. Para tres gaitas (do, do, sol). A peza, de marcado carácter gaitístico, deixa adeviñar a formación académica da autora.  Creada e dedicada á profesora do seu centro, a famosa gaiteira Lorena Freixeiro, e máis ás avanzadas alumnas Noelia Díaz e Sara Fernández, Enredadas aumenta o aínda escaso repertorio para a formación de tres gaitas.
Con esta aposta, Dos Acordes segue avanzando na procura dunha biblioteca básica para o gaiteiro. Todo un criterio de calidade que os especialistas ben coñecen.
Cadernos de Gaita, nº 23. Enredadas. Sen máis!

Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 54.159.51.118
Todos los derechos reservados © 2018 Tienda Dos Acordes.