Pack "A lenda de Montelongo - Margarida a da sorrisa d'aurora"

€20.00

  • A lenda de Montelongo (zarzuela galega), de Juan Buhigas Olavarrieta e Manuel Rey Posse. Ed. crítica de Javier Jurado.
  • Margarida a da sorrisa d'aurora, de Evaristo Correa Calderón: o primeiro conto infantil galego de autor. Ed. crítica de Xulio Pardo de Neyra
O pack contén os dous títulos que, polo de agora, integran a colección Dos Acordes Textos.

Na primera, recóllese o libreto da zarzuela galega A lenda de Montelongo, de Juan Buhigas Olavarrieta e Manuel Rey Posse, con música de Bernardo del Río, editado e anotado amplamente polo seu autor, Javier Jurado. Precedido dun extenso estudo, tamén con arquivo gráfico destacado, este libro xa ten sido presentado nas funcións que levaron a escena "A lenda de Montelongo" en Pontevedra e Vilagarcía.

Margarida a da sorrisa d'aurora non é simplemente un relato, un conto infantil escrito e imprentado na Galiza primorriveriana. Margarida a da sorrisa d'aurora dá contas dun especialísimo tempo dentro da nosa traxectoria literaria: dentro da Época Nós, concretamente no calificado como a "xeración da vangarda", é onde podemos situar a actividade dun intelectual que, como Correa, decidiu dar forma a unha noticia estética literario-política por medio dunha á xeracional que se chamaba "a nova xeración galega". Empero tal documento signifícase cando moito máis que un conto para meninos e meninas: agachando a vontade dun grupo intelectual definido, a percepción dun vangardista que, apesar de tales degoxos, non pode abstraerse do seu sentimento machista e, sobre todo, refletindo a aposta dun escritor por unha literatura que, como a galega, aínda non contaba conha aparataxe propiamente dirixida para os máis pequenos e pequenas.

Contén reprodución facsimilar do orixinal editado por LAR.

Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 54.226.4.91
Todos los derechos reservados © 2019 Tienda Dos Acordes.