Margarida a da sorrisa d\'aurora

€10.00

Margarida a da sorrisa d'aurora, de Evaristo Correa Calderón: o primeiro conto infantil galego de autor. Ed. crítica de Xulio Pardo de Neyra.

Margarida a da sorrisa d'aurora
non é simplemente un relato, un conto infantil escrito e imprentado na Galiza primorriveriana. Margarida a da sorrisa d'aurora dá contas dun especialísimo tempo dentro da nosa traxectoria literaria: dentro da Época Nós, concretamente no calificado como a "xeración da vangarda", é onde podemos situar a actividade dun intelectual que, como Correa, decidiu dar forma a unha noticia estética literario-política por medio dunha á xeracional que se chamaba "a nova xeración galega". Empero tal documento signifícase cando moito máis que un conto para meninos e meninas: agachando a vontade dun grupo intelectual definido, a percepción dun vangardista que, apesar de tales degoxos, non pode abstraerse do seu sentimento machista e, sobre todo, refletindo a aposta dun escritor por unha literatura que, como a galega, aínda non contaba conha aparataxe propiamente dirixida para os máis pequenos e pequenas.

Contén reprodución facsimilar do orixinal editado por LAR.

78 páxinas 17 x 24 cm.

Añadir a la cesta:




Compártelo:

Su dirección IP es: 3.235.66.217
Todos los derechos reservados © 2020 Tienda Dos Acordes.