Concerto en estilo antico para violín e orquestra de cordas.

€35.00

Manuel Quiroga
Referencia: IGV-27

O Concierto en stilo antico para violín y orquesta de cuerda foi composto en París en 1924. Estréao o propio autor acompañado da súa esposa –en versión de violín e piano– o 31 de marzo de 1925 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña baixo o título Concerto de intrata, que logo interpretou tamén no teatro Tamberlick de Vigo. Trátase dun concerto en tres movementos para violín e orquestra de cordas, inspirado nos concertos barrocos italianos das escolas boloñesa e veneciana.

Neste ano 2011, no que se rememora o quincuaxésimo aniversario do falecemento de Manuel Quiroga e o centenario da concesión do Primeiro Premio de Violín do Conservatorio de París, desexamos que se recupere a excelsa figura do violinista galego máis importante do século XX: virtuoso entre os máis célebres de Europa e América, considerado polos franceses como un artista seu e herdeiro incuestionable de Pablo Sarasate.

DIN A4, 58 páxinas. Contén CD coas partes en PDF.


Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 54.221.9.6
Todos los derechos reservados © 2018 Tienda Dos Acordes.