Froles d'ouro. 34 pezas galegas para guitarra.

€24.00

Trátase dunha selección de pezas pertencentes ao folclore galego versionadas para guitarra. Nivel elemental e medio, moi asequible para o alumnado de conservatorio elemental e primeiros cursos de ensinanzas profesionais, máis escolas de música e academias. Un xeito de se aproximar á música patrimonial a través do seu propio instrumento.

Para que as persoas interesadas podan facerse unha idea do nivel, adxuntamos enlace á interpretación da cantiga que lle dá nome ao libro, a cargo do concertista Samuel Diz no seu disco Guitarra Clásica Galega.

 DIN A4, 80 páxs. 24 €



Compártelo:

Su dirección IP es: 54.156.67.164
Todos los derechos reservados © 2017 Tienda Dos Acordes.