Shalom Aleichem

€10.00

A idea de Shalom Aleichem nace durante o Entroido de 2010, despois de que unha grave doenza deixara á compositora sen poder escribir nada durante o ano 2009. Foi en febreiro do ano 2010 cando o seu profesor Albert Sardá animouna a compor unha peza para ser estreada pola agrupación Tactum en maio de 2010, durante o 25 Ciclo de concertos da Fundació de Música Contemporánia de Barcelona.

Así é como Gloria Rodríguez Gil leva a cabo a idea de compór tres pezas baseadas directamente no Concerto para piano en SolM de Maurice Ravel, concerto que a compositora non deixou de escoitar mestres estivo postrada nunha cama. Cada unha das pezas leva un agradecemento-despedida implícito.

A primeira das pezas titúlase Chiva e se trata dun concerto para piano e catro instrumentos, baseado íntegramente na peza de Ravel, excluíndo tan só a coda (ou sexa, A-B-A). Foi estreada en Barcelona o 31 de maio de 2010.
A segunda peza será titulada Mzungu David, composta para tenor e piano. Está baseada en Chiva pero exclúe a parte central daquela (ou sexa, A-A). Foi estreada o 28 de decembro de 2011 en A Coruña.
A terceira e derradeira será Shalom Aleichem para guitarra soa, baseada en Mzungu David pero eliminando unha das partes (ou sexa, tan só un A). A obra foi rematada en abril de 2011 e estreada o 5 de xullo do mesmo ano en Lugo polo guitarrista Ramón Carnota, no terceiro concerto do XVI Ciclo de concertos da Asociación Galega de Compositores.

Formato: 16 páxinas DIN A-4
PVP 10 €


Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 3.234.241.200
Todos los derechos reservados © 2020 Tienda Dos Acordes.