Dúas canciós. Carlos López García - Picos

€14.00

Carlos López García-Picos
Dúas Canciós
  "Campo"
  "Hoy buscarás en vano"
(para voz e piano)

Textos: Antonio Machado
Transcrición e revisión: José Antonio Cantal Mariño
Notas: Javier Ares Espiño

As canciós de García-Picos, tal e como as denomina Luís Seoane nun artigo adicado ao compositor en 1972, están baseadas nos poemas de Antonio Machado Campo e Hoy buscarás en vano. O creador betanceiro non depositou copias destas obras en ningún arquivo, nin as citou nos listados de composicións que elaborou; por este motivo aparecen clasificadas fóra do seu catálogo.

 A importancia destas creacións musicais, realizadas en Bos Aires no ano 1955, radica na singularidade que supón o uso da voz dentro das composicións de García-Picos.

A estética vangardista das creacións musicais, coas que fixo a súa particular contribución á causa galega, obrigouno a manter unha postura afastada do repertorio tradicionalista e popular que dirixía nos coros. A música instrumental, e máis concretamente a música sinfónica, respondía plenamente aos seus obxectivos. A solución ante esta dicotomía que atopou García-Picos foi drástica: a voz ten unha presenza mínima no seu catálogo. As canciós son dúas marabillosas excepcións.

ISMN 979-0-801244-59-8
DIN A 4
24 páxinas


Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 18.206.194.83
Todos los derechos reservados © 2019 Tienda Dos Acordes.