Oito cançoes de Juan A. Moreno Fuentes sobre poemas de Rosalia

€30.00

Juan Antonio Moreno Fuentes, Prefeito de Música e Coengo Maxistral da catedral de Lugo (1904-1987) deixou unha ampla mostra do seu traballo musical na catedral onde traballou. As oito cancións sobre textos de Rosalía de Castro que agora publicamos, foron editadas polo director lugués Fernando Gómez Jácome e van precedidas dun amplo estudo sobre a vida e obra do compositor, máis o catálogo completo da súa produción, realizados polo Prof. Dr. Javier Garbayo. Aos dous editores sumouse o traballo de adaptación das letras desenvolvido pola lingüísta e guitarrista Isabel Rei Samartim. Un magnífico equipo para recuperar estas oito cancións, publicación coa que Dos Acordes segue homenaxeando a Rosalía de Castro.
Os títulos das pezas (normativizados ao galego comum) son: "Um repoludo gaiteiro", "Vim-te uma clara noite", "Acolá enriba", "Nossa Senhora da Barca", "Teci soa a minha teia", "Nasci quando as plantas nascem", "Quisem-te tanto, meninha", e "Que bela te deu Deus". Engadimos antes de cada peza os textos orixinais escritos por Rosalía en Cantares Gallegos e Follas Novas.

84 páxinas DIN A4. PVP 30 €.  

Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 54.221.9.6
Todos los derechos reservados © 2018 Tienda Dos Acordes.