Misa do Mar - para coro mixto

€15.00

A pesar de que o panorama da música relixiosa española deixa moito que desexar, hai que salvar puntuais iniciativas, que buscaron unha certa calidade dentro dunha conveniente sinxeleza, que poña a interpretación ao alcance dos coros amateurs. Algo que reclamaba xa o movemento cecilianista en pleno século XIX, buscando a nobreza sen excesos, en tesituras cómodas, a biensonancia e a moderación nas súas lonxitudes, que non necesitan alcanzar o grao de “celestiais”, que dicía Schumann.

É o que pretendeu Jesús Fernández-Pareja y Marín na súa misa, de textura preferentemente polifónica vertical, onde predomina o acorde, a simultaneidade silábica do texto, como no clásico “coral” da relixiosidade alemá, pero con outra conduta melódica, que a converte en útil, digna e evidente vehículo de relixiosidade popular. Xiros melódicos que se reiteran establecen un certo carácter cíclico que lle confira vínculos de unidade e afinidade ás súas diferentes pezas. O simple canto unisonal da súa melodía acompañada pola redución das voces ao órgano preséntase moi eficaz (nalgún caso requiriría un cambio de tonalidade). Como confesa o autor, non pretendeu emular as medievais misas polifónicas de Barcelona ou de G. de Machaut, pero, coñecendo tamén as técnicas de vangarda, sitúase onde convén.

Esta Misa do Mar (nacida a instancias de D. Casimiro, da parroquia de Mugardos) non se limita a pór en música as partes do Común (ás veces lixeiramente glosadas), senón que acolle entre os seus números pezas de texto libre para os diversos momentos do Propio, o que permite cubrir as necesidades de calquera circunstancia.
                                                                      
Formato: 28 páginas DIN A4

PVP: 15 EUROS


Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 18.207.108.191
Todos los derechos reservados © 2020 Tienda Dos Acordes.