Caderno 16: "Temperando"- Iniciación. Volume II (VERSIÓN EN RE

€12.00

Bruno Villamor Gay
Referencia: CG-16 RE

Este libro é a segunda entrega dunha serie de catro que recibe o nome de ‘Temperando: Iniciación’. Esta serie divídese en catro volumes correspondéndose cos catro cursos oficiais do Grao Elemental de Gaita Galega que se imparte nos conservatorios de Galicia. Está previsto que esta teña continuidade nun futuro coa publicación das series ‘Temperando: Perfeccionamento I’, ‘Temperando: Perfeccionamento II’.
Os contidos desta segunda entrega están pensados para continuar traballando e perfeccionando os coñecementos e recursos adquiridos no anterior volume, aprendendo ademais novas dixitacións que nos permitan producir outras alturas de son, ata o de agora non empregadas. Neste volume atoparemos exercicios técnicos, pezas tradicionais acordes co nivel no que nos atopamos e mesmo información sobre instrumentos tradicionais galegos, gaiteiros e cuartetos tradicionais para que o gaiteiro pouco a pouco siga adquirindo coñecementos sobre da nosa cultura tradicional. Ao final deste volume aportamos material complementario para que o profesor ou alumno teñan repertorio arranxado para gaita e outros instrumentos.
Todo o material amosado neste volume non só está pensado para ser útil a mestres e alumnos que traballen nestes niveis nos conservatorios, senón que este pode empregarse como un libro de aprendizaxe progresivo en asociacións e noutros tipos de escolas.

60 páxinas DIN A-4
 

DESCONTOS ESPECIAIS PARA PROFESORADO: POLA COMPRA DE 8 OU MAIS EXEMPLARES, 8 EUROS POR EXEMPLAR


Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 100.24.122.228
Todos los derechos reservados © 2019 Tienda Dos Acordes.