Caderno de Gaita 25. Obra completa de Henrique Otero. DO

€15.00

Henrique Otero Covelo, o Gaiteiro do Fragoso, representa a transición definitiva do gaiteiro tradicional ao gaiteiro urbano, da pura tradición oral ao músico con formación académica. 

Foi o primeiro profesor en impartir gaita galega, titulación con validez oficial dende os anos setenta, no Conservatorio de Vigo e o primeiro gaiteiro-mestre cun volume cuantioso de obras compostas, preto de trescentas, e que abarcan

máis de medio século (dende os anos sesenta ata o seu pasamento en 2013). Obras que tratan todas as formas populares aplicadas á gaita, coa preferencia de Muiñeiras, Xotas, Danzas e Foliadas pero, tamén, con Pasodobres, Alboradas, Baladas ou Rumbas, e concibidas para distintos formatos instrumentais (gaita solista, cuarteto tradicional, gaita e outros instrumentos, gaita e voz...). 

Nesta edición das obras para gaita solista, podemos achegarnos a esencia compositiva do Gaiteiro do Fragoso, xa que as liñas melódicas pódense apreciar sen máis aditivos. Non era raro que Henrique compuxera de primeiras para unha gaita só e, máis tarde, (anos a veces) lle engadira a segunda voz, pero estas trinta e unha (case un 15% da súa obra), así quedaron porque el así o quixo en principio, porque as concibiu dese xeito e porque estimaba que poñerlle outras voces non aportaría nada mellor á peza.


ISMN 9790801244680

68 PÁX. DIN A 4

ESCRITA EN DO



Añadir a la cesta:



Compártelo:

Su dirección IP es: 18.207.254.88
Todos los derechos reservados © 2020 Tienda Dos Acordes.